Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

O treito Burela-Foz da A-74 atópase en información pública

Por 26 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (Mitma), tal e como anunciou a ministra de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, o pasado venres en Santiago de Compostela e segundo publica hoxe o Boletín Oficial do Estado (BOE), somete a información pública o proxecto de trazado das obras do tramo Burela-Foz da autovía A-74, na provincia de Lugo. O orzamento estimado desta actuación ascende a 126,1 millóns de euros.

A autovía A-74, que se concibiu como a continuidade do eixo Cantábrico no Norte de Galicia, a través da Mariña Lucense, enlazará coa Vía de Alta Capacidade da Costa Norte (C.G. 2.3) de titularidade autonómica.
Esta autovía supoñerá un itinerario alternativo á actual N-642, que serve de conexión aos concellos de arreiros, Foz, Burela e Cervo, ademais do porto de interese xeral de San Cibrao.

A N-642 presenta unhas marxes consolidadas urbanisticamente en moitos tramos. A A-74 captará tráficos de curto, medio e longo percorrido, liberando travesías densamente poboadas de importantes tráficos.

Así, mellorarase a seguridade viaria, a mobilidade, a accesibilidade e a vertebración territorial.

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou de que se aproba provisionalmente e se somete a información pública o proxecto de trazado da Autovía A-74, de A Mariña, no treito Burela-Foz. A documentación do proxecto estará exposta ao público nos concellos de Foz, Burela e Cervo, na Unidade de Estradas do estado en Lugo e na Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, na Coruña.

Ademais, a documentación do proxecto está dispoñible na sede electrónica do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (https://www.mitma.es/el-ministerio/buscador-participacion-publica).

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS

A lonxitude do tramo obxecto do Proxecto de Trazado é de 9.2 km, ao que hai que engadir a conexión provisional na ligazón de Foz que ten unha lonxitude de 1.6 km. Terá tres enlaces: Burela, Cangas e Foz (este último proxectado parcialmente como conexión provisional); e dispoñerá de 18 estruturas: 6 viadutos, 5 pasos superiores, 3 pasos inferiores e 4 muros, destacando o viaduto sobre o río Ouro de 660 m de lonxitude.