Skip to main content
BarreirosDeportes AMARIÑAXA

325 participantes para a Carreira Popular Solidaria de Reis e a Andaina de Barreiros

Por 8 Xaneiro, 2022Sin comentarios

325 persoas participarán na Carreira Popular Solidaria de Reis e a Andaina do Concello de Barreiros que será mañá domingo 9 de xaneiro.

A partir das 9.30 horas poderasnse retirar as dorsais e ás 10.30 será a saída da andaina. Xa ás 11.00 horas dará comeza a carreira de menores e ás 12.00 horas a absoluta.

A distancia da Andaina será de 5 ou 10 quilómetros e a carreira será de 7 quilómetros para a categoría absoluta, ambas con saída e chegada no campo de fútbol O Cascabeiro.

O 30% da inscrición da carreira será doada a prol do proxecto socioeducativo Sinfónico no rural que a Fundación Xesús Bal y Gay está a levar a cabo en Barreiros.