Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

Catro Guerreiras Laranxas volverán á Selección Española para a viaxe a Kiev

Por 12 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Catro das Guerreiras Laranxas volverán contar coa confianza da Selección Española. Peque, Ale de Paz, Dany e Irene Samper recibiron o chamamento para foramr parte da convocatoria de Clàudia Pons para a viaxe da Vermella a Bucha (Kiev) este domingo, 16 de xaneiro, con dobre compromiso ante Ucraína como obxectivo. 

Os encontros terán lugar os días 18 e 19 de xaneiro, ás 17.00 horas, fronte a unha das máis potentes do mundo, que ademais está clasificada para a final a catro do Europeo que se celebrará en Gondomar (Portugal) a finais de marzo (25-27), xunto a España, Portugal e Rusia. 

A concentración da selección finalizará o xoves 20 de xaneiro.