Skip to main content
Barreiros

Adega realizará un curso sobre compostaxe comunitaria en San Cosme de Barreiros

Por 25 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Mañá mércores 26 de xaneiro celébrase o día mundial da Educación Ambiental, data que ten a súa orixe no ano 1975 durante a celebración do Seminario Internacional de Educación Ambiental en Belgrado, na que se estableceron os principios e obxectivos xerais dentro do marco da Educación Ambiental a nivel mundial, recollidos na denominada carta de Belgrado.

Adega considera a Educación Ambiental como unha liña estratéxica de actuación, xa que constitúe unha ferramenta que permite afrontar e superar as problemáticas ambientais existentes no sistema socioeconómico actual.

Así, este mércores 26 e no marco dos diferentes programas que Adega está a desenvolver, realizarase unha compostaxe comunitaria, na parroquia de San Cosme, no Concello de Barreiros e levarase adiante un curso de formación para o persoal do municipio encargado de mantemento das áreas de compostaxe comunitaria.