Skip to main content
Burela

Acia Burela entregou o vale por unha viaxe a Disneyland París

Por 6 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Acia Burela fixo entrega do vale por unha viaxe para tres persoas a Disneyland París. Esta viaxe foi o resultado do sorteo de Nadal da campaña Vive un conto de Nadal.

O número 13.180 foi conseguido na tenda Alain Afflelou e a agasallada foi Cristina Trigo.

A Asociación de Comerciantes, Industria e Autónomos de Burela celebrou unha gran campaña de Nadal que contou con diversas actividades para todas as idades. Comezando co alumeado das luces de Nadal na Praciña do Concello, o concurso de selfies, ou o concurso de escaparates e a viaxe a Disneyland París.