Skip to main content
Burela

O segundo vale para a viaxe a Disneyland París de Acia Burela é o 51.427

Por 8 Xaneiro, 2022Xaneiro 9th, 2022Sin comentarios

Acia Burela fixo entrega do segundo vale por unha viaxe para tres persoas a Disneyland París, así, o número agraciado foi o 51.427. Como números de reserva saíron o 60.230, o 59.542, o 51.890 e o 51.710.

Os clientes coas rifas cos mencionados números deberán poñerse en contacto a través deste mail ou no teléfono 652 580 502, ata o venres 14 de xaneiro. Iranse descartando reservas por orde de número. No caso de que o venres 14 de xaneiro non aparecese ningún dos números, o premio quedará deserto.

A Asociación de Comerciantes, Industria e Autónomos de Burela celebrou unha gran campaña de Nadal que contou con diversas actividades para todas as idades. Comezando co alumeado das luces de Nadal na Praciña do Concello, o concurso de selfies, ou o concurso de escaparates e a viaxe a Disneyland París.