Skip to main content
Burela

Confirmada a oitava edición do Osa do Mar de Burela gracias ao ‘crowdfunding’

Por 17 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Festival Osa do Mar de Burela anunciaba a primeiros de ano que para a súa celebración 2022 ía facer unha captación de fondos para poder organizar a oitava edición.

Así, marcouse obxectivo de chegar aos 3.000 euros, para poder afrontar os primeiros trámites e os gastos básicos, e logrouno en menos de cinco días euros básicos para iniciar as xestións e poder afrontar os primeiros gastos. A día de hoxe xa levan 5.000 euros e o ‘crowdfunding’ estará aberto ata o 31 de xaneiro.

Para participar na creación da oitava edición do festival existen tres tipos de achegas, a primeira, un Bono para os 2 días do Osa do Mar 2022, que consiste na entrada ao recinto os días do festival.

A segunda achega será a da camiseta do Osa do Mar, e o terceiro, un bolso de tela parecido aos que se fixeron en edicións anteriores.

“Elixe o pack que mellor se adapte a ti”, din dende Osa do Mar, “tamén temos unha moi boa oferta, o pack Duosa, para as parexas ou amigos que queiran mercar ao mesmo tempo”.

Así mesmo, xa está confirmada a data do festival para este ano e será a fin de semana do 2 e 3 de setembro en Burela.