Skip to main content
Burela

Rematado o alumeado das últimas pinturas de Amarte no muro portuario

Por 17 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Burela leva a cabo estes días os traballos de instalación da iluminación das obras de arte pintadas nas dúas últimas edicións do Certame Amarte no muro da zona portuaria.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “estes días está a procederse a instalar as luces led dos tramos que faltaban de Amarte, son os correspondentes ás dúas últimas edicións. Os traballos quedarán listos a finais desta semana e xa teremos todas as edicións do Certame Internacional de Pintura Mural iluminadas. A verdade é que estas luces que instalamos dan moitísima vistosidade ás obras de arte do muro, que ocupará todo o espazo dedicado a este fin nas dúas próximas edicións, a de 2022 e a de 2023”.  

O edil burelés engadiu que “tamén ao longo deste ano imos limpar as pinturas de edicións anteriores que xa están bastante desgastadas, é algo normal co paso do tempo, porque non hai que esquecer que a primeira edición foi en 2017 e evidentemente van collendo sucidade. Deixarémolas ben limpas e que sigan conservándose da mellor maneira posible, xa que é algo moi representativo da zona portuaria e de Burela en xeral. Dá gusto ver a moitos turistas e a xente doutros concellos que se fan fotos no muro de Amarte, chama a atención e gústalles. Temos que coidar delas e seguir mantendo ese nivel artístico que está a haber nos últimos anos”.