Skip to main content
Axenda Caducada

Blanco e Touriñán están de volta en Burela con Somos Criminais 3

Por 24 Xaneiro, 2022Xaneiro 30th, 2022Sin comentarios

Logo do éxito de Somos Criminais o espectáculo que máis entradas vendeu na historia en Galicia con máis de 50.000, Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán están de volta. Como segundas partes nunca foron boas, chega directamente Somos Criminais 3.

Somos criminais no sentido menos criminal da palabra? Temos unha maneira propia de ser e de estar? Somos diferentes, somos parecidos ou somos iguais aos demais? Son certos os tópicos que hai sobre nós? Estas son algunhas das preguntas ás que os dous cómicos tentarán dar resposta.

E é que en Somos Criminais 3 analizan Galicia e os seus habitantes para saber como somos e para saber por que somos como somos. Un espectáculo completamente novo que comezou unha xira que pasará por 12 localidades galegas e que o 29 e 30 de xaneiro de 2022 terá a súa parada en Burela.

O sábado 29 de xaneiro con funcións ás 20.00 e ás 23.00 horas e o domingo 30 con funcións ás 17.00 e ás 20.00 horas. As entradas xa están á venda.