Skip to main content
Cervo

O Concello cervense ofrécese a instalar antenas para que os gandeiros podan usar Rumi

Por 13 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O rexedor Alfonso Villares mantivo unha reunión cos gandeiros do municipio, co obxectivo de abordar a instalación dunhas antenas que permitan darlle cobertura á aplicación Rumi, un sistema de monitorización por GPS para gando vacún.

Á reunión acudiu un dos fundadores da empresa tecnolóxica creadora de Rumi, onde lles explicou aos presentes o funcionamento da aplicación e as melloras que se derivarían da súa implantación.

A aplicación funciona mediante uns colares, colocados nos animais, que transmiten diferentes datos ás antenas estratexicamente colocadas, que á súa vez reproducen os datos no programa. Coa recolección destes datos podemos coñecer diferentes aspectos dos animais, como a súa localización actual, o seu movemento nos últimos días, a detección do celo e, incluso, notifica cando os animais se poñen de parto.

Declarou o alcalde Alfonso Villares: “coa colocación destas antenas ofrecémoslle aos nosos gandeiros e gandeiras a posibilidade de contar con RUMI, unha aplicación que  pretende incrementar a calidade de vida e a rendibilidade das ganderías, mellorando o benestar animal mediante a análise de datos”.

Engadiu o rexedor que “desde o Concello de Cervo instalaremos todas aquelas antenas que se precisen para que os nosos gandeiros podan optar a este servizo”.