Skip to main content
Foz

O Bispo de Mondoñedo visitou o Martínez Otero de Foz

Por 23 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O venres día 21 de xaneiro o Bispo da diócese Mondoñedo-Ferrol, Monseñor Fernando García Cadiñanos, visitou o Colexio Martínez Otero de Foz.

Na súa visita percorreu todas as instalacións do centro educativo, deténdose a falar cos distintos membros que conformamos esta gran familia: profesorado, persoal de administración e servizos e alumnado das diferentes etapas.  

“Moi cordial e cercano en todo momento comparteu coas cociñeiras un anaco de empanada galega”, din desde a directiva do colexio focego. 

“Interesouse persoalmente pola historia da Fundación Martínez Otero e por todos os proxectos  futuros do noso colexio, dándonos a noraboa polo traballo que se está levando a cabo”, engadiron.