Skip to main content
Mondoñedo

O Concello de Mondoñedo repuxo elementos do Parque da Lembranza

Por 14 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo estivo esta semana repoñendo diferentes elementos de xogos infantís no Parque da Lembranza no que habitualmente celébrase a inauguración das xornadas Abrindo Camiño.

O parque da Lembranza conta tamén cunha palmeira e unha placa conmemorativa que se puxeron en homenaxe á emigración nas xornadas do peregrino Abrindo Camiño de 2020.

Este parque atópase a beira do cemiterio vello onde fican algúns importantes mindoniense como Manuel Leiras Pulpeiro, Pascual Veiga e Álvaro Cunqueiro.