Skip to main content
Mondoñedo

Adxudicada a segunda fase da obra do vial ata o barrio de Couto de Otero mindoniense

Por 16 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo adxudicou á empresa Construcciones Isidro Otero S.L. a segunda fase das obras de reurbanización do treito do vial de acceso dende a LU-124 ao barrio de Couto de Otero, por importe de 46.622,93 euros (o orzamento de proxecto era de 48.037 euros) e un prazo de execución de sesenta días naturais. Constitúe o vial de comunicación mais directo do núcleo urbano de Mondoñedo coa parroquia de Lindín. As obras comezarán o luns.

O obxectivo fundamental da actuación, segundo se detalla nos documentos técnicos, “é a mellora das condicións do camiño, que na actualidade conta con terreos de titularidade municipal colonizados pola vexetación, pavimentándoo axeitadamente e dotándoo de maior ancho de rodadura, sempre dentro da aliñación que marca o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Mondoñedo”.

Entre as acción a levar a cabo figura o desbroce e limpeza do terreo con retirada de terra vexetal, demolición de pasos salvacunetas existentes así como pavimento de formigón que sexa necesario retirar. Igualmente procederase á demolición e reposición de soleira de formigón e da canalización existente de pluviais. Acometeranse os traballos necesarios de reposición e renovación da infraestruturas precisas, para rematar co pavimentado en quente, o pintado da sinalización horizontal e a recolocación dos sinais verticais. 

Esta intervención comezou coa adquisición, por mutuo acordo, dunha vivenda que se atopaba en ruínas, para ampliar a vía, respectando o Plan Xeral