Skip to main content
A Pontenova

As Minas da Pontenova entregou a Cruz Vermella a recollida solidaria

Por 14 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Como cada ano por estas datas a Asociación As Minas de A Pontenova fixo entrega á Cruz Vermella Española, Delegación Provincial de Lugo, os alimentos, roupa e xoguetes recolectados na campaña solidaria levada a cabo este pasado Nadal.

Dende a organización “agradecen públicamente a Superti, Día, Gadis, A Tenda de Manolo e Clínica Son Saúde o seu traballo como puntos de recollida e a todos os veciños que colaboraron pola súas donacións”.

“Para o ano que ven seguiremos colaborando con tanta ou máis ilusión e ganas”, remataron dicindo.