Skip to main content
Ribadeo

Cedida a antiga caseta dos peóns camineros de Ribadeo ao Coto de Caza de Remourelle

Por 4 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Onte fíxose entrega e recepción da antiga caseta dos peóns camineros por parte do Goberno autonómico ao Coto de Caza de Remourelle de cara á conservación, protección e defensa do medio ambiente.

O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, explicou que a sociedade da cazadores lle trasladara este petición ao Grupo Municipal Popular que considerou “moi conveniente esta proposta de cara á recuperación do noso patrimonio”.

A Xunta respondeu positivamente á súa solicitude co primeiro paso de cara á recuperación deste espazo abandonado, “o proceso burocrático que remata coa cesión do local á asociación de cazadores. Quero agradecer, polo tanto, ás Consellerías de Facenda e de Medio Ambiente o seu traballo e implicación para que este proxecto sexa un realidade. O seguinte paso será xestionar orzamento para a súa rehabilitación”.