Skip to main content
Ribadeo

O PP de Ribadeo denuncia a pouca limpeza das rúas e piden corrixir a situación

Por 16 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Grupo Municipal Popular lamenta a mala imaxe que deu a vila durante as pasadas festas de Nadal debido á sucidade das vías. Por iso denuncia a limpeza da vila de Ribadeo onde “deixa moito que desexar”. A concelleira Elena Sierra sinala: “Neste nadal e nestes momentos, Ribadeo estivo e está pésimamente xestionado no que se refire á recollida de lixo, limpeza de rúas, contedores e papeleiras. O baldeo e limpeza das rúas foi inexistente. Hai zonas na vila que levan tanto tempo sen limpar, que as beirarrúas están cubertas de verdín. Por non falar da abundancia de excrementos de animais”.

A mesma concelleira popular faise eco das queixas veciñais e di que non é estraño que se produzan. Pregunta ao goberno local, presidido por Fernando Suárez: “Onde está ese plan de residuos e limpeza viaria que vostedes aprobaron no pleno? É moi fácil aprobar iniciativas para cubrir o expediente, pero non o poñen en práctica”.

Sierra acusa ao goberno local de falta de eficacia na xestión dos asuntos municipais e de estar máis preocupado por saír na foto que por resolver os problemas dos veciños: “O alcalde e o concelleiro de Medio Ambiente dedícanse día tras día a informarnos nos medios de comunicación da campaña de esterilización de gatos, que nos parece moi ben, pero, á vista das circunstancias, preguntámonos se só dedícanse a iso”.

Os populares apuntan que hai unha máquina barredora que leva meses avariada, nun taller e sen amañar. Sierra destaca: “As máquinas de baldeo están a podrecerse por falta de uso”. Asegura: “Estamos #ante un goberno que non traballa, que día tras día vai a peor; só traballa para a foto e para eleccións, e, como consecuencia, estáselle acumulando o traballo pendente”.