Skip to main content
Ribadeo

O Círculo Habanero da Devesa converterase nunha biblioteca indiana

Por 25 Xaneiro, 2022Xaneiro 26th, 2022Sin comentarios

O Círculo Habanero da Devesa converterase nunha biblioteca indiana, así o comunicou o voceiro popular ribadense Daniel Vega, para así permitir por en valor o importante legado que ten a cultura emigrante para este municipio.

O voceiro destaca o “extraordinario traballo que está a facer a asociación para conservar todo este patrimonio que temos”. Neste senso, engade que esta nova actuación é consecuencia dos anos de traballo entre o Goberno galego e este colectivo “levan varios anos traballando conxuntamente, dende a conservación dos edificios, actuando nos 3 e, agora, complementando a súa oferta con este novo espazo cultural”.

Por tanto, Daniel Vega avanza que esta biblioteca converterase “no lugar no que calquera veciño e calquera visitante pode desfrutar de toda esa documentación”. “O Círculo abre as portas. Será un lugar no que formase e informase”. Isto demostra, apunta, “que volvemos a impulsar a cultura do noso Concello, poñéndoa en valor e trasladándoa máis alá da nosa comarca”.