Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

O Concello de Riotorto oferta a explotación do Mazo de Ferreiravella

Por 30 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Riortorto mantén aberta a oferta de explotación do Mazo de Ferreiravella, un complexo rural que conta con edificio para restaurante, con explanada de 800 metros de aparcadoiro e conxunto etnográfico adxunto. Ademais é un dos puntos do roteiro dos ferreiros.

As persoas interesadas na súa explotación poden poñerse en contacto co Concello que estudiará o seu proxecto de viabilidade e de futuro.

Dependendo das ofertas presentadas farase unha licitación pública do mesmo pero en principio estudiaranse as ofertas de forma individualizada.