Skip to main content
Vegadeo

O Concello de Vegadeo entregou os premios do II Concurso de Contos

Por 31 Xaneiro, 2022Febreiro 2nd, 2022Sin comentarios

O Concello de Vegadeo acolleu a pasada semana a entrega de premios do II Concurso de Contos do Concello de Vegadeo.

O acto tivo lugar no salón de actos do Concello coa presencia do director de Política Lingüística da Consellería de Cultura do Principado de Asturias, Antón García, o alcalde de Vegadeo, César Álvarez, e a concelleira de Cultura, Arancha González.

Nun chore madre que eu vou tar ben, é o título do relato de Carmen Siñeriz, gañadora na categoría de adultos. Por outra banda, os traballos dos alumnos de ESO e Primatia tamén foron agasallados, en concreto El raposo y a reina ruía, A chuvia morada e Un monstruo nel armario, dos alumnos de primeiro e terceiro de Primaria.

Tamén houbo unha mención especial do jurado para Sebastián Rodríguez, polo seu conto Un esquilo engalador.

Xa na categoría escolar de cuarto a sexto de Primaria, a cativa Nerea Gayol levou o premio polo su conto, A infancia de Claudia.