Skip to main content
Viveiro

O Concello de Viveiro lembra que hai que renovar os permisos ao casco antigo

Por 25 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Viveiro recorda á cidadanía que os permisos de acceso ao casco antigo do municipio teñen carácter anual, polo que é preciso efectuar a súa renovación para o ano 2022. Unha circunstancia que se recolle na Ordenanza sobre a regulación do tráfico no casco antigo do Concello de Viveiro. 

Neste sentido, os titulares de Distintivos de Acceso Restrinxido ao casco antigo que desexen renovar a súa vixencia para o presente ano deben presentar no rexistro municipal unha nova solicitude. Deberán realizalo mediante a instancia facilitada nas dependencias municipais, á que se axuntará unicamente a documentación que non conste no expediente do ano anterior ou estea caducada.

Segundo o establecido na Ordenanza citada, en vigor o 25 de xaneiro de 2021, pódense solicitar estes Distintivos de Acceso Restrinxido para os seguintes supostos:

  • Usuarios de garaxes (Distintivo G).
  • Titulares de establecementos comerciais (Distintivo EC).
  • Servizos de distribución e reparto (Distintivos D e DP)
  • Mercado semanal (Distintivo M)
  • Acceso a persoas con dificultades de mobilidade temporal ou definitiva (Distintivo MR) 
  • Servizos esencias para a comunidade (Distintivo S)
  • Residentes (Distintivo R).
  • Empresas de servizo de comida rápida, reparto asistencial de comida a domicilio, reparto urxente de menciñas (Distintivo RR).
  • Obras (Distintivo O)
  • Eventos e celebracións (Distintivo EV)
  • Autorizacións extraordinarias (Distintivo EX).