Skip to main content
Viveiro

O PP de Viveiro insta a mellorar a seguridade da LU-P 6601

Por 28 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O PP de Viveiro insta ao Concello a reclamar da Deputación melloras na seguridade da estrada LU-P 6601 á altura do acceso á Silvarosa.

O portavoz popular, Óscar Rodríguez, di que a estrada provincial LU- P- 6601 precisa melloras na sinalización e nas medidas de seguridade a altura do cruce co acceso á Silvarosa. Os populares solicitan, mediante un rogo, ao goberno local que efectúe as xestións necesarias para que a Deputación instale sinais que limiten a velocidade a 40 Km/ h a 100 metros antes da aproximación á ponte do tren en ambas as dirección. Igualmente, o PP quere que a Administración “adopte medidas tallantes para o control da velocidade, como o uso de resaltos para forzar a redución da velocidade”.

O concelleiro Javier Teijeiro explica que o límite de velocidade para turismos é de 90 Km/ h e que unha vez pasada a ponte do tren, en sentido descendente cara a Viveiro, hai un sinal que limita a velocidade a 40; en sentido ascendente cara á Silvarosa non existe esa limitación. No cruce co acceso hai dous espellos para mellorar a visibilidade cara ambos lados. Pero esta medida resulta insuficiente por dous motivos.

Por un lado, porque son numerosos os vehículos que circulan a gran velocidade. Por outro, porque “dita vía está orientada ao Oeste, polo que durante certas horas do atardecer (entre as 16:00 e as 18:00 principalmente) o sol cega excesivamente a visión de ambos espellos, e se a maiores coincide que o chan está mollado pola choiva, fai un efecto espello xa cegador dende a rotonda da capela de Ecce Home”.