Skip to main content
Viveiro

Viveiro entregou os premios do Certame de Poesía Infantil Nadal 2021

Por 31 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, entregaron os premios do Certame de Poesía Infantil Nadal 2021 na súa fase local. O concurso está organizado a nivel provincial pola Biblioteca Pública de Lugo, con edición locais nos distintos municipios previas á fase final provincial.

Nesta edición, Viveiro contou con participantes na categoría B, que inclúe a nenos de 9 a 12 anos. Os textos gañadores son os de Marta García Vale, do centro de ensino Landro; o de Daniel Míguez González, do Ceip de Covas, e o de Blanca Loureiro Valledor, do Ceip Lois Tobío.

Ademais, concedéronse tres accésits recoñecendo os textos de Inés Mariño Gómez, Nereida Pereira Louzao e David Güeto Diéguez.

Os traballos premiados nesta fase local no concello de Viveiro enviaranse ao certame provincial, no que o xurado escollerá os mellores textos entre os poemas enviados polos nenos de toda a provincia de Lugo.

O xurado, que decidiu os textos gañadores, estivo formado por Amadora Taracido Lago, Covadonga Dopico Cachán, Ana María Fernández-Noriega Fernández e Lara Fernández Fernández-Noriega.