Skip to main content
Xove

Entregados todos os premios do sorteo de Nadal de Aciam Xove

Por 26 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Aciam Xove informa de que xa foron entregados todos os premios do sorteo de Nadal de Aciam Xove, do que faltaban tres números por aparecer dende o sorteo inicial.

Así, os números agasallados e as empresas que os entregaron foron o 16105 a Pescadería Barreira un vale de 500 euros; o 22109 Centro Óptico Xove e o 09198 na Cafetería A Roda foron de 250 euros; e o resto dos números premiados foron de 100 euros 28414 na Librería Estanco Basanta, 13981 no Bar Cociña, 10702 no Restaurante Os Faroles, 17922 no Bar A Cancela e o 25239 no Supermercado Coviran Xove.

Debido á actual situación sanitaria vironse obrigados a cancelar o sorteo de Nadal de forma presencial para evitar calquer tipo de risco posible con respecto a covid e fíxose mediante gravación e publicación nas redes sociais.