Skip to main content
Axenda Caducada

Os Reis Magos farán once paradas nas parroquias de Vilalba

Por 3 Xaneiro, 2022Xaneiro 5th, 2022Sin comentarios

Os Reis Magos percorrerán de novo o municipio de Vilalba este mércores 5 visitando as parroquias, onde realizarán once paradas, ademais do percorrido polo centro urbano, que finalizará cunha recepción co aforo controlado na entrada do auditorio municipal.

As súas Maxestades de Oriente empezarán a súa viaxes polas casas escola de Árbore, Torre e San Simón ás 12.00 horas. A seguinte cita é ás 15.00 horas, en Román, Tardade e Lanzós, mentres que ás 16.30 estarán nas de Goiriz, Santaballa e Nete.

Antes de chegar a Vilalba pasarán, ás 18.00 horas por Samarugo e Oleiros. Xa no centro urbano, con chegada prevista ás 18.15 horas, a cabalgata, que contará de novo co acompañamento musical de distintas agrupacións,
sairá da rúa Castelao, xunto á estación de autobuses. Pasará por Campo de Puente, A Pravia, Conde Pallares, Betanzos, A Ferrería e As Pedreiras para deterse no auditorio, onde recibirán aos nenos.

Os menores poderán saudar aos Reis, pero non sentar con eles debido ao crecemento da incidencia da covid, e recibirán unha bolsa de gominolas. No caso das parroquias, a cada parada poderán achegarse nenos doutras limítrofes.

Será obrigatorio o uso de máscara e respectar as medidas polo covid-19 que estean activas ese día.