Skip to main content
Axenda Caducada

Os nenos de Láncara recibirán a visita dos Reis Magos

Por 4 Xaneiro, 2022Xaneiro 5th, 2022Sin comentarios

Coa volta ao colexio tan inminente, os nenos teñen unha nova oportunidade de pasalo ben e desfrutar dos últimos días de vacacións.

O mércores día 5, os Reis Magos de Oriente recibirán aos nenos do Concello de Láncara na Antiga Estación de Tren na Pobra de San Xiao. A cita dará comezo ás 17.00 horas e ofrecerán aos máis pequenos agasallos e música en directo que amenizará a tarde.

Esta cita contará con todas as medidas de seguridade necesarias co fin de garantir a saúde pública e o freo de contaxios da Covid 19.

Coa chegada dos Reis búscase ofrecer actividades de ocio e lecer aos nenos, os máis esquecidos en toda a pandemia. Poderán ver as Maxestades de Oriente e é unha oportunidade para crear parroquia e manter relacións sociais cos veciños do Concello. Fomentando as actividades seguras e de responsabilidade trala situación que se está a vivir.