Skip to main content
Axenda Caducada

Pasada das Cabras de Burela organiza unha ruta pola vía verde do ferrocarril do Eo

Por 10 Xaneiro, 2022Xaneiro 15th, 2022Sin comentarios

A asociación Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha nova ruta para o 15 de xaneiro. Este roteiro será de 14 quilómetros e pasará pola vía verde do ferrocarril do Eo.

É unha ruta moi recomendada para desfrutar en familia xa que conta con natureza xunto cunha pequena mostra da arquitectura industrial do século XX: saltos de auga, túneles, escalas de salmóns e belas pontes colgantes.

A saída será ás 8.30 horas da Estación de Autobuses de Burela e é necesario anotarse para este roteiro en Gráficas Arfe ou chamando aos teléfonos 982 580 504 e 657 821 194.

Dende a organización lembran que é imprescindible levar o certificado covid para poder entrar no restaurante para o xantar. O prezo da ruta é de 25 euros para socios e 30 para os que non o sexan, e inclúe o autobús, o almorzo e o seguro.