Skip to main content
Axenda Caducada

Xornada de portas abertas na Casa do Maior Anduriña do Incio

Por 11 Xaneiro, 2022Xaneiro 14th, 2022Sin comentarios

A Casa do Maior Anduriña do Incio celebra entre o mércores, 12 de xaneiro, e o venres, 14 de xaneiro, unhas xornadas de portas abertas para aquelas persoas que queiran coñecer as instalacións antes da súa apertura.

Está situada na Rúa Rodeiro, preto da farmacia. O horario para poder visitar esta Casa do Maior será de 10:00 a 13:30 horas.

Contará con cinco prazas de atención diúrna para aqueles veciños de máis de 60 anos, ofrecendo unha atención específica ás necesidades de cada unha das persoas tanto de alimentación, hixiene como tempo libre. Trátase dun recurso de conciliación e apoio social.

Con este tipo de servizos estase a garantir que os maiores gocen dun envellecemento digno e nos seus fogares, evitando o seu internamento cando este non é desexado.

A Casa do Maior Anduriña é unha iniciativa que leva a cabo Cristina Pereiro Castro e que nestes días abre as súas portas aos veciños para que coñezan as instalacións e vexan que actividades se poden realizar no seu interior.