Skip to main content
Axenda Caducada

Unha actividade infantil fará unha decoración da biblioteca de Vilalba

Por 12 Xaneiro, 2022Xaneiro 28th, 2022Sin comentarios

A biblioteca de Vilalba vestirase de gala e para iso acollerá do 25 ao 28 deste mes unha actividade que leva o nome Imos decorar a Biblioteca, a través da que se decorará este centro utilizando materiais reciclados, libros e revistas vellas.

A iniciativa está dirixida a nenos de entre 4 e 12 anos, que se dividirán en grupos segundo a idade. Os que teñan entre 4 e 8 anos irán os días 25, 26 e 27, e o resto, o día 28. A actividade terá un horario de 16.30 a 18.30 horas todos os días.

Os que desexen participar poden xa anotarse ata o día 18 chamando ao 982.51.22.32, por whatsApp no 626 399 329 ou no correo electrónico vilalba.rbgalicia@eidolocal.es.

Os que desexen axudar nesta iniciativa sen acudir ao taller poden colaborar con libros e revistas vellas ou estragadas, xornais e cartóns.