Skip to main content
Axenda Caducada

Organizan unha camiñada coa que reivindican melloras sanitarias no Concello de Castro de Rei

Por 12 Xaneiro, 2022Xaneiro 20th, 2022Sin comentarios

O BNG de Castro de Rei organiza unha nova acción de protestas a favor da sanidade pública e para reclamar melloras na atención sanitaria nos dous centros médicos que hai no municipio. Tras varias concentracións nos meses anteriores e unha recollida de firmas que contou con numerosos apoios, nesta ocasión realizarán unha camiñada.

Esta terá lugar o domingo 20 de xaneiro, co obxectivo de percorrer o trazado que hai entre o centro de saúde de Castro de Ribeiras de Lea e o de Castro de Rei, cunha distancia de case doce quilómetros.

A saída será ás 10.00 horas de Castro, para chegar ao redor das 12.30 horas á capitalidade municipal, onde a continuación, e para finalizar o acto, celebrarase unha concentración diante do centro médico, para reclamar a súa reapertura, así como a dotación de máis persoal ao centro de saúde de Castro de Ribeiras de Lea.