Skip to main content
Axenda Caducada

A piscina olímpica de Cervo acollerá un curso de esquimotaxe

Por 12 Xaneiro, 2022Xaneiro 16th, 2022Sin comentarios

O club de piragüismo Cidade de Lugo organiza este domingo 16 de xaneiro en Cervo, un curso de iniciación ao esquimotaxe que se desenvolverá na piscina olímpica de Lieiro.

Está organizado coa colaboración da sección de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián e do Concello de Cervo.
O curso celebrarase o domingo 16 de xaneiro e terá lugar en horario de mañá e tarde, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

A actividade desenvolverase durante todo o día en grupos reducidos con pausa para comer. Para poder participar é imprescindible saber nadar 50 metros e levar bañador, gorro piscina, camiseta, chanclas e toalla.

Un técnico evaluará o nivel dos participantes e o adecuará aos mesmos.