Skip to main content
Axenda Caducada

Vilalba acolle este sábado un acto en lembraza a Manuel Fraga

Por 13 Xaneiro, 2022Xaneiro 15th, 2022Sin comentarios

Homenaxe a Manuel Fraga no 2012

O PPdeG lembrará ao fundador do Partido Popular e expresidente da Xunta, Manuel Fraga, nun acto íntimo que terá lugar estes sábado ante o busto que foi erixido na súa memoria erixido en Vilalba, a súa localidade natal.

O acto, que conmemora os dez anos do seu pasamento, consistirá nunha ofrenda floral á que confirmou a súa asistencia o presidente de Goberno galego e presidente de PP galego, Alberto Núñez Feijóo.

“Será un acto de recordo, no décimo aniversario da súa morte, a quen foi unha persoa fundamental para o partido”, anunciaron dende o PP.

A celebración será de carácter íntimo, debido ás restricións pola pandemia. Ademais do presidente da Xunta tamén está prevista a presenza da presidenta do PP de Lugo, Elena Candiá; a do partido na localidade, Sandra Vázquez; e o presidente de Novas Xeracións, Adrián Prado, entre outros.