Skip to main content
Axenda Caducada

Barreiros retoma o plan maior de seguridade

Por 22 Xaneiro, 2022Xaneiro 24th, 2022Sin comentarios

O Concello de Barreiros organiza un Plan Maior de Seguridade que será nos colexios vellos de San Miguel de Reinante o luns 24 de xaneiro ás 18.00 horas.

Estas charlas tratarán temas de prevención e mellora das seguridade na casa das persoas maiores fronte aos roubos ou calquer problema con terceiras persoas.

A entrada é gratuíta pero conta con aforo limitado, e lembran que é necesaria a inscrición previa no departamento de Servizos Sociais ou chamando ao teléfono 982 317 143 en horario de 10 a 14 horas de luns a venres.

A charla desenvolverase atendendo aos protocolos establecidos, con control de aforo e sendo obrigatorio o uso de máscara en todo momento.