Skip to main content
Axenda Caducada

A escola de música das Pontes ofrece clases maxistrais de instrumentos

Por 20 Xaneiro, 2022Marzo 12th, 2022Sin comentarios

As Pontes ofrece estes días clases clases maxistrais de clarinete, saxofón e percusión a cargo de especialistas, organizadas pola Escola de Música da localidade. A sesión de clarinete terá lugar os días 18 e 19 de febreiro, a cargo do vilalbés Daniel Veiga Roca, e a de saxofón e percusión, o 12 de marzo. Estarán ao cargo de Jorge García Rojo, saxofonista de Zas; e Pablo do Valle Prieto, percusionista de Vilalba,

Nos tres casos ofértanse dez prazas para alumnos activos, cun custo de 20 euros para os que estudan na Escola de Música das Pontes e de 40 para os que se forman noutros centros. Tamén se permite a asistencia como alumno oínte, que custa dez euros. O alumnado activo recibirá unha clase individual de 45 minutos, podendo acudir de oínte ás outras clases, ademais dunha sesión colectiva doutros 45 minutos.

No acto de clausura interpretaranse unha ou varias obras de forma colectiva e os participantes recibirán o diploma acreditativo das horas de clase maxistral realizadas.

O prazo de inscrición nestas xornadas pode resalizarse a través do perfil de Facebook Banda- escola As Pontes ou chamando ao número de teléfono 696 264 627.