Skip to main content
Axenda Caducada

Mondoñedo acollerá a XXXI Concentración Mototurística N-634

Por 21 Xaneiro, 2022Marzo 20th, 2022Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo acollerá unha nova edición da Concentración Mototurística N-634 Cidade de Mondoñedo os días 19 e 20 de marzo, e que nesta ocasión chega á XXXI edición.

A preinscrición, por un prezo de 29 euros, está aberta ata o venres 6 de marzo. Cada inscrición será de 32 euros e inclúe camiseta, pin e imán artesán do Alfar de Mondoñedo (As formas da Terra).

A concentración iniciarase o día 19, ás 12.00 horas, coa inscrición dos participantes, os cales poderán desfrutar desde as 16.00 horas dun toro mecánico, tatto studio, animación, música e xogos.

E xa ás 20.00 horas será o desfile polas rúas da vila seguido da cea na Finca San Antonio e do comezo da festas con música e verbena a cargo de Grupo 2.Com e da orquestra Principal e unha queimada.

O día 20, despois de almorzar no Rey das Tartas os participantes desfrutarán dunha ruta turística pola Mariña, que rematará cun comida no pavillón para despedir a todos.

Cada inscrición inclúe un imán moteiro de recordo, un pin, unha camiseta, trípticos de Mondoñedo, un pincho de benvida, unha caña, a cea, queimada, o desayuno, pincho de media mañá, xantar do domingo e a zona de acampada no pavillón.