Skip to main content
Axenda Caducada

O Buril de Sarria acollerá hoxe, 22 de xaneiro, a tres grupos galegos de punk

Por 22 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Buril acollerá hoxe sábado 22 de xaneiro tres grupos galegos de punk. Este tipo de cita promove a actividade cultural da vila poñendo en valor o talento dos músicos da zona. O concerto comezará ás 21:30 horas e a entrada terá un custe de 5 euros.

Serán tres as bandas que tocarán no Buril de Sarria. Txuvasko, Os Rosmóns e O sudor do Tractorista.

Txuvasko é unha banda de punk rock formada no ano 2011 na cidade de Vigo. Ao longo da súa traxectoria sofreu diferentes cambios na súa formación e, na actualidade, está formada por Íñigo Txuvasko na guitarra e voz, Pedro na batería e Fer no baixo e nos coros.

Os Rosmóns é unha banda formada no ano 2016 en Vigo tamén. Contan cun longo percorrido por diferentes salas e festivais de Galicia e está formado por Dani na voz, Tinho no baixo, Esteban na guitarra e Fabián na batería.

Sudor do tractorista, é a banda orixinaria en Sarria formada por Arturo na guitarra, David na voz, Roi no baixo, Sangil na batería e Maca como batería sustituto.