Skip to main content
Axenda Caducada

Joan As Police Woman actuará no Vello Cárcere o xoves 27

Por 24 Xaneiro, 2022Xaneiro 27th, 2022Sin comentarios

Joan Wasser, coñecida artisticamente como Joan As Police Woman, é unha cantautora, produtora, guitarrista e violinista estadounidense que iniciou a súa carreira musical en 2004. As súas composicións transitan entre o indie-rock, o soul clásico, sons experimentais e un toque moi persoal, onde teñen tamén cabida diversos estilos. O seu afán pola experimentación viuse reflectida en todos os seus traballos, sempre eloxiados e ben recibidos por prensa e público.

Experta en colaborar con outros músicos, Joan Wasser prestou as súas cordas vocais e instrumentais a grandes artistas como Elton John, Rufus Wainwright, Sheryl Crow, Sparklehorse, Scissor Sisters, Antony and The Johnsons, Placebo, Gorillaz e mesmo chegou a gravar un disco coa banda do estrañado Jeff Buckley, do que foi parella.

No seu concerto en Lugo presentará cancións do seu extenso repertorio xunto a temas do seu novo traballo “The Solution Is Restless’’.

A entrada será gratuíta e poderase adquirir a través da páxina web https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/centro-cultural-o-vello-carcere/13386–joan-as-a-police-woman-ciclo-xacobeo-importa.html?fbclid=IwAR0mRygkS22DX8kQZYtrauBIXqZH0ba03S1TyskSCj1XGBm-3kRpZ25p_cg