Skip to main content
Uncategorized @gl

Caen os casos activos por un aluvión de altas

Por 23 Xaneiro, 2022Xaneiro 24th, 2022Sin comentarios

O elevado número de altas permite á provincia, por segundo día consecutivo, conter o avance do virus e provocar un descenso considerable de casos activos. Axuda tamén que se reducen os novos contaxios.

Así, hoxe hai 7.621 casos activos, 399 menos que onte, con 500 novos contaxios e 899 altas. Onte os casos baixaron en 29, con 671 novos contaxios e 698 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 38.891 casos rexistrados e 271 persoas falecidas.

A presión hospitalaria volve subir. Na UCI do Hula son 6 os ingresados, mentres en planta son 56 os pacientes (6 máis), 41 no de Lugo (4 máis), 8 na Mariña e 7 en Monforte (2 máis).

POR COMARCAS

Poucas subidas bruscas nesta xornada na que xa son moitos os concellos que descenden en número de casos activos. Só Chantada sobe por riba dos 8 casos con 16 novos. Destaca a baixada de Lugo con 69 menos, Burela con 19 e Viveiro e Sarria con 12 menos.

Muras deixa de estar limpo de covid tras moitas semanas e só Negueira de Muñiz está limpo. Con menos de dez casos están Ribeira de Piquín e As Nogais.

A Mariña

  • Alfoz: 32 (1 menos).
  • A Pontenova: 82.
  • Barreiros: 90.
  • Burela: 422 (19 menos).
  • Cervo: 183 (1 menos).
  • Foz: 270 (5 menos).
  • Lourenzá: 57 (1 máis).
  • Mondoñedo: 112.
  • O Valadouro: 102 (2 máis).
  • O Vicedo: 23 (3 máis).
  • Ourol: 14.
  • Ribadeo: 406 (5 máis).
  • Riotorto: 15 (2 máis).
  • Trabada: 22 (3 máis).
  • Viveiro: 436 (12 menos).
  • Xove: 81 (3 menos).

Terra Chá

  • Abadín: 58 contaxios (2 máis).
  • A Pastoriza: 94 (2 máis).
  • As Pontes: 258 (4 menos).
  • Begonte: 68 (1 menos).
  • Castro de Rei: 121 (3 menos).
  • Cospeito: 95 (3 menos).
  • Friol: 73.
  • Guitiriz: 199.
  • Meira: 50 (3 menos).
  • Muras: Por debaixo de 10.
  • Outeiro de Rei: 121 (8 máis).
  • Pol: 30 (1 máis).
  • Rábade: 28 (2 menos).
  • Vilalba: 454 (3 máis).
  • Xermade: 27 (2 máis).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 51 enfermos (1 menos).
  • O Incio: 30 (1 máis).
  • O Páramo: 31.
  • Paradela: 49 (1 menos).
  • Samos: 40 (1 máis).
  • Sarria: 530 (12 menos).
  • Triacastela: 23 (3 menos).

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 66 positivos (6 máis).
  • As Nogais: menos de 10 casos.
  • Antas de Ulla: 21 (1 menos).
  • Baleira: 19.
  • Baralla: 66.
  • Becerreá: 49 (3 máis).
  • Castroverde 52.
  • Cervantes: 22 (5 menos).
  • Guntín: 53 (1 máis).
  • Lugo: 3.467 (69 menos).
  • Monterroso: 96.
  • Navia de Suarna: 12.
  • Negueira de Muñiz: Unha semana sen casos.
  • O Corgo: 80 (6 menos).
  • Palas de Rei: 56 (4 máis).
  • Pedrafita: 11 (1 menos).
  • Portomarín: 24 (1 menos).
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 44 enfermos (1 máis)
  • Bóveda: 25.
  • Carballedo: 37 (3 máis).
  • Chantada: 321 (16 máis).
  • Folgoso do Courel: 14 (5 menos).
  • Monforte: 391 (4 menos).
  • O Saviñao: 40 (1 menos).
  • Pantón: 46 (6 máis).
  • Quiroga: 81 (4 menos).
  • Ribas de Sil: 26.
  • Sober: 27 (1 menos).
  • Taboada: 43 (2 máis).

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 00.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas.
  • Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 3.00 e as 6.00 horas. Funcionará só as noites dos xoves, vneres e sábados.
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).
  • Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.