Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

As estradas da provincia rexistraron o ano pasado 261 accidentes con 11 falecidos

Por 8 Xaneiro, 2022Xaneiro 9th, 2022Sin comentarios

En 2021 producíronse 921 sinistros mortais nas estradas españolas nos que faleceron 1.004 persoas e outras 3.728 resultaron feridas graves. Estas cifras representan 97 falecidos menos (- 9%) que en 2019 (ano de referencia) e o segundo mellor ano da serie histórica, só por detrás de 2020, ano no que faleceron 870 persoas pero que se trata dunha estatística distorsionada pola pandemia.

A cifra de 3.728 feridos graves como consecuencia dun sinistro viario tamén se reduciu en 705 persoas, un 16% menos á rexistrada en 2019 (4.433).

Na provincia de Lugo estes datos indican que se produxeron 261 accidentes con vítimas, nos cales 11 persoas perderon a vida e 40 foron declarados feridos graves. Respecto ao total galego, con 2.213 accidentes con 78 falecidos e 307 feridos graves.

OS DATOS DE GALICIA

  • Dos 78 falecidos rexistrados nas estradas galegas, 70 perderon a vida nas careteras convencionais fronte ás autopistas e autovía.
  • O maior número de falecidos foi por saída de vía (36), seguido de colisión frontal (15), colisión lateral (13) e atropelo (11).
  • Dos 78 falecidos, 57 eran homes e 21 mulleres.
  • Confírmase tamén o peso dos usuarios vulnerables (peóns e motoristas) na accidentalidade mortal de Galicia, xa que representan o 33% (13 en motocicleta e 12 peóns). Os usuarios de turismo falecidos foron 42.
  • Na distribución por franxa horaria. 30 faleceron entre as 14.00 e as 20.00 horas, sendo o horario nocturno de 0.00 a 7.00 horas) o que tivo menos (11). O resto repartíronse a partes iguais entre as outras dúas franxas horarias.
  • En función da idade, os maiores de 65 representan a maioría dos falecidos (20), xunto aos grupos de 45-54 (15) e de 35-44 (14).
  • O 34% dos falecidos en turismos e en furgonetas non facían un do cinto de seguridade e o 100% dos falecidos en motocicleta (13) e en bicicleta (1) si facían uso do casco.

MOVILIDADE

No que a mobilidade refírese, durante o pasado ano rexistráronse 393,7 millóns de movementos de longo percorrido por estrada, o que supón un 8% menos que os realizados en 2019 (427,1 millóns) e un 23% máis respecto a 2020.

Este descenso na mobilidade produciuse en vehículos lixeiros (-10%) e principalmente en fins de semana cun (-15%). En cambio, o tráfico de vehículos pesados foi superior (+3%) ao rexistrado en 2019.

O parque de vehículos incrementouse nun 2% respecto a 2019, chegando aos 33,2 millóns de vehículos e o censo de condutores mantense igual que en 2019, con 27,3 millóns de condutores.

Por períodos do ano. Os descensos da mortalidade (-9%) e a mobilidade (-8%) non tiveron un comportamento homoxéneo ao longo do ano.

O ano comezou con importantes descensos tanto na mobilidade como na sinistralidade, debido a que ata o 8 de maio houbo estado de alarma, período no que se estableceron restricións á mobilidade. A partir dese momento foise producindo unha recuperación dos desprazamentos, de maneira que no verán houbo practicamente a mesma mobilidade e é a partir de setembro cando se observan incrementos, ata mesmo superar os desprazamentos rexistrados no mesmo período de 2019.

Respecto a a sinistralidade, maio e xuño, os meses inmediatamente posteriores á saída do estado de alarma, foron negativos: a mobilidade aínda non se recuperou, pero os accidentes mortais si.

En xuño de 2021 rexistráronse 116 falecidos, 38 falecidos máis que en 2019, converténdose así no mes con máis falecementos de todo o pasado ano. O verán finalizou con niveis de mobilidade moi similares a 2019 e unha redución dos falecidos dun 12%. O terceiro cuadrimestre, con maior mobilidade, os falecidos descenderon un 10%.

Por tipo de vía. Respecto a 2019, descenden máis os falecidos na estrada convencional con -9% que en autoestrada e autovía con -8%.

Concretamente 723 persoas faleceron en accidentes de tráfico que tiveron lugar en vías convencionais (72%) e 281 en autoestrada e autovía (28%), de modo que se mantén estable a relación de cada 4 falecidos, 3 son na estrada convencional e 1 en autoestrada e autovía.

Por tipo de accidente. Respecto a 2019, diminúen un 22% os falecidos en colisións frontais e un 7% os falecidos en saídas de vía, aínda así, estas seguen sendo o tipo de accidente máis frecuente co 39% dos falecidos.

Por tipo de usuario. O 38% dos falecidos eran usuarios vulnerables, é dicir, peóns, ciclistas, motoristas e usuarios de vehículos de mobilidade persoal. En concreto foron 383 falecidos, 61 menos que os 444 de 2019.

Por modo de desprazamento. Descende o número de motoristas falecidos un 16%.

Respecto ao número de peóns falecidos (110), 59 foron en autoestrada e autovía e 51 na estrada convencional. Entre os falecidos en vías de alta ocupación, 19 foron condutores ou ocupantes que se baixaron do vehículo e 23 peóns camiñando ou cruzando.

Hai 1 falecido en vehículo de mobilidade persoal, a pesar de que teñen prohibido circular por vías interurbanas.

Por idade. O maior descenso por franxa de idade prodúcese no grupo de máis de 65 anos cun -25%.

Aumenta a sinistralidade dos mozos de 15 a 24 anos, de 112 falecidos en 2019 a 138 en 2021.

Por día da semana. A maior recuperación da mobilidade nos días laborables reflíctese nos datos de sinistralidade, que pese ao descenso de falecidos, é maior en fin de semana (-17%) que entre semana (-1%).

Accesorios de seguridade. 140 persoas que viaxaban en turismo e furgoneta (26%) non levaban o cinto de seguridade no momento do accidente. Tampouco facían uso do casco 8 ciclistas e 10 motoristas.

Por comunidades autónomas. Diminúen as persoas falecidas en todas as comunidades autónomas, excepto en Castela A Mancha (+17), Illes Balears (+10); Andalucía (+12); Cantabria (+4) e Comunidade Foral de Navarra (+3). Cataluña (-40) e Comunidad de Madrid (-25) son as que maiores reducións rexistran.