Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Os escolares galegos, invitados a participar no concurso do cartel do 8 de marzo

Por 22 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A Xunta vén de abrir o prazo para que os centros escolares galegos participen no concurso para o deseño do cartel da campaña do 8 de marzo 2022 -Día Internacional da Muller. Ata o vindeiro 22 de febreiro poderán presentarse os traballos feitos polos centros educativos de ensino non universitario de Galicia. Haberá tres categorías: a primeira destinada ao alumnado de infantil e aos cursos de 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria; a segunda para o alumnado de  5º e 6º de educación primaria e para os cursos de de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e de educación especial; e a tercera categoría para 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e 1º e 2º de bacharelato, de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.

O obxecto do concurso é fomentar a promoción da igualdade dentro dos centros educativos galegos, a través dunha acción que visibilice a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, as causas e a orixe da discriminación de xénero, así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos.

A imaxe gráfica que resulte gañadora poderá ser utilizada pola Xunta de Galicia na conmemoración do Día Internacional da Muller, así como para outras accións de sensibilización e promoción da Igualdade. A iniciativa enmárcase nas accións que promove o Goberno galego a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Co fin de axilizar a recepción dos traballos, os centros deberán adiantar a proposta do traballo á Secretaría Xeral da Igualdade mediante o envío (cartel en formato PDF ou JPG e a información identificativa do anexo I ( datos do alumnado e do centro educativo) ao seguinte enderezo electrónico: concurso8m.igualdade@xunta.gal. Esta forma de envío non exime aos centros de entregar os traballos de acordo coas bases do concurso, que se poden consultar na web de Igualdade da Xunta.

Para obter máis información pódense realizar consultas a través do Servizo de Programación, Cooperación Institucional e Planificación (Secretaría Xeral de Igualdade) nos seguintes números de teléfono: 981 545 360 – 981 957 783 – 981 957 689.