Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

A UNED de Lugo organiza unha conferencia sobre aprendizaxe-servizo e tecnoloxías dixitais

Por 27 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A UNED de Lugo ten previsto celebrar  unha conferencia sobre aprendizaxe-servizo e tecnoloxías dixitais para o que xa est á aberto o prazo de matrícula.

Unha conferencia que forma parte do proxecto Planeta ODS 2.0. e que será impartida por  Juan García Gutiérrez, director da Oficina Universitaria Aprendizaxe-Servizo UNED. Realizarase online, en directo ou en diferido, o vindeiro xoves, día 3 de febreiro, en horario de 18:00 a 19:00.

Esta actividade organízase con motivo do Día Internacional da Educación (24 de xaneiro) e no Centro Asociado.

“A aprendizaxe-servizo é unha proposta docente e de investigación que integra o servizo á comunidade e a aprendizaxe académica nun só proxecto que permite ao estudante formarse traballando sobre a base de necesidades reais da contorna co obxectivo de melloralo” (ACUP, 2019), explican dende a organización.

Unir as tecnoloxías dixitais con proxectos de aprendizaxe-servizo facilita que persoas de todo o mundo experimenten de forma real a solidariedade, a responsabilidade e o servizo aos outros, así como a satisfacción polos obxectivos conseguidos.

Máis información e matrícula en: https://extension.uned.es/actividad/26247&codigo=AYTD