Skip to main content
Baralla

Seguen avanzando as obras das dúas Casa do Maior na antiga biblioteca de Baralla

Por 4 Xaneiro, 2022Sin comentarios

As obras das dúas Casa do Maior que abrirán proximamente co respaldo do Goberno galego na antiga biblioteca de Baralla, unha no baixo e outra no primeiro andar, seguen avanzando.

Arias visitou as instalacións e apuntou que os traballos van a bo ritmo. Salientou que a Consellería de Política Social concedeu en 2021 axudas por valor total de 148.000 euros para poñer en marcha dous centros destas características neste municipio, 74.000 euros para cada proxecto, o que suporá a creación de dez prazas totalmente gratuítas para os usuarios.

As casas do maior funcionan como pequenos centros de día que permiten que as localidades que non contan con recursos de conciliación poidan ofrecer terapias e actividades ás persoas maiores dentro do seu entorno.

“Prestan un servizo fundamental e moi demandado en municipios sen ningún tipo de atención diúrna”, dixo Arias, quen salientou que tras o éxito da primeira convocatoria de axudas, a Xunta incrementou o orzamento destinado a esta medida.

Así, ao abeiro da última orde de subvencións crearanse na provincia de Lugo 15 casas que porán 75 prazas a disposición das persoas maiores de 60 anos. O delegado fixo fincapé en que esta nova convocatoria inclúe novidades importantes, como o feito de que as persoas usuarias non precisan ter un grao de dependencia recoñecido, senón que tamén se atende a persoas autónomas.

Ademais, amplíase este servizo de maneira que as persoas responsables das casas poidan asumir os desprazamentos das persoas maiores desde e cara os centros, para o que a Xunta ofrece aos promotores unha axuda adicional de 5 euros por persoa e día.