Skip to main content
BecerreáCervantes

Novo roteiro polas montañas de Cervantes e Becerreá este domingo 23 de xaneiro

Por 19 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Este domingo 23 de xaneiro, continuando co programa de roteiros “As nosas sagradas montañas”, percorreranse as montañas de Cervantes e Becerreá nun roteiro guiado polo Colectivo Patrimonio dos Ancares e coa colaboración da AC Rente ao Couce, para coñecer o gran patrimonio arqueolóxico que hai nas zonas de Cervantes e Becerreá e que nalgúns casos pode verse afectado pola actual vaga eólica.

O autobús levará aos participantes ata a Necrópole megalítica da Pena dos Mouros-Alto do Oural, en Cervantes, composta por 9 mámoas, e a 1.180 metros de altitude. Dende aí collerase o autobús ata o Castro de Santa María, en Cervantes, século I a.C.-II d.C. declarado BIC. Nas inmediacións hai varias explotacións mineiras de época romana de grande interese. Aproveitarase para xantar no Castro.

De novo o autobús achegará aos camiñantes ata a Necrópole megalítica dos Lagorzos-Serra de San Pedro, en Becerreá, composta por 8 mámoas e situada a 800 metros de altitude. Dende este punto, camiñarase polas zonas afectadas polo proxecto eólico Serra do Furco, actualmente en fase de tramitación.

A lonxitude total será de 8 Km e a dificultade será baixa.

Para participar no roteiro é necesario inscribirse antes do venres 21 de xaneiro ás 13.00 horas a través do formulario https://roteirosadegalugo.wordpress.com/reserva/, cubriranse as prazas por orde de inscrición. Toda a información na bitácora dos roteiros.
https://roteirosadegalugo.wordpress.com/ e www.adega.gal ou chamando ao 982240299.