Skip to main content
Castroverde

Aberta a inscrición para os bailes de salón en Castroverde

Por 30 Xaneiro, 2022Sin comentarios

As clases de baile chegan este ano a Castroverde. Así, todos os venres de 21.00 a 22.30 horas no ximnasio do Colexio.

As persoas interesadas poden reservar a súa praza no teléfono 610 383 195.

Impartiranse clases de salón (vals, pasodobre, tango e chachachá), así como de baile latino e caribeños (salsa, bachata, kizomba e merengue) entre outros.

As clases estarán ao cargo de Fernando Pallares, adestrador e xuíz nacional de bailes caribeños dentro da Federación Española procedente da Escola RitmoLugo.

BENEFICIOS

As clases de baile son unha gran modalidade para realizar exercicio físico sen darse conta, axuda a modelar o corpo sen advertir o esforzo, favorece o rendemento cardiovascular, tonifica os músculos, axuda a mellorar a coordinación e o equilibrio e ademais, mellora a autoestima.