Skip to main content
A Fonsagrada

A Fonsagrada xa ten gañadores do Certame de Decoración de Fachadas e Xardíns de Nadal

Por 10 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello da Fonsagrada xa ten gañadores do 2º Certame de Decoración de Fachadas e Xardíns de Nadal. O certame tiña como obxectivo ambientar as rúas e pobos do municipio cun ánimo e decoración festiva propia das datas de Nadal.

O sistema de votación foi popular, baseado nos “Me Gusta” de Facebook acadados dende o día 21 de decembro ata o 6 de xaneiro.

Seguindo esta dinámica ás 12.00 horas do día 7 de xaneiro (data e hora límites para as votacións), as fotografías máis votadas con “Me gusta” na páxina de Facebook do Concello de A Fonsagrada, eran a Casa do Souto en Vilafrime cun total de 1288 Me gusta, desta forma convértese no gañador do primeiro premio dotado de 150 euros. O segundo premio, de 100 euros foi para Hórreo coa Casa Valdés-Naranxa que alcanzou 1212 “Me gusta”. Por último, o terceiro premio de 50 euros é para a Casa Pepe de Penafonte-Paradanova con 700 “Me Gusta”.

Todos os participantes pódense pasar polo Concello de A Fonsagrada a recoller un pequeno agasallo como mostra de agradecemento pola participación no certame.