Skip to main content
Lugo

Entrevista: “En Woocost ou o traemos máis barato ou non o vendemos”

Por 16 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A comezos desta semana celebrouse en Lugo unha dobre apertura. Woocost é unha iniciativa de Alejandro Copa, un empresario da cidade que pon a disposición dos veciños produtos de todo tipo ao mellor prezo do mercado.

Artigos de bazar, droguería, limpeza, hixiene persoal, alimentación, enxoval para o fogar, roupa, electrónica, e moitas cousas máis que están a disposición dos lucenses dende o 10 de xaneiro por partida dobre na rúa nova e na avenida da Coruña.

O obxectivo principal deste negocio é darlle unha segunda vida a produtos que xa non se ían a vender, favorecendo a economía circular.

Alejandro Copa empresario lucense.

Canto tempo levan funcionando?
Woocost cero, é unha iniciativa nova. Pola contra, Sqrups Lugo, que foi o preludio deste novo proxecto, é unha franquía que leva 3 anos.

Como xurdiu a idea?
Buscando outras alternativas. Decidímonos por meternos ao mundo low cost porque lle vimos futuro. Para comezar empezamos coa franquía pero isto non resultaba rendible. Traballabas con marxes moi baixos, sobre todo en alimentación cando a data de caducidade era corta. De aí fun buscando novos provedores externos e agora atopei un socio co que traballo ao por maior e en distintas tendas.

Nós vendemos máis barato ou xa non o traemos. Buscamos dar unha segunda vida útil aos produtos que están de moda, fomentamos a economía circular e o comercio sostible. Todos os produtos están máis baratos por un motivo, por exemplo, nos viños e licores podemos ter un prezo atractivo porque adquirimos os palés nos que se rompe unha botella e mancha ás demais, estas un supermercado non as vende pero realmente o produto do interior está en perfecto estado. Nós encargámonos de
acondicionar o artigo e darlle unha segunda vida útil ao mesmo. Na roupa solemos coller os fines de temporada e tamén numerosos artigos de bazar que traen tara de embalaxe.

Cales son os máis demandados?
Centrámonos sobre todo no perfil que temos, que son mulleres de 30-60 anos. O que máis sacábamos era o enxoval para o fogar pero agora o principal da nosa tenda vai ser o electrónico. Non hai un sector principal, hai unha rotación de produto moi alto. Un artigo pode estar dúas semanas ou dous meses en tenda. Se visitas o noso negocio un mes e vés o seguinte, os produtos que temos cambian profundamente. Non somos unha tenda a que a xente vaia porque ten unha necesidade senón que o cliente ven dar unha volta e ve unha oportunidade e compra.

Cambiou o traballo nestes últimos tempos por mor da pandemia?
Afecta no sentido de que temos que buscar máis mercadoría en sitios nos que non solemos buscar. A pandemia bloqueou as importacións de China e polo tanto traballamos máis a parte de dar unha segunda vida aos produtos xa existentes. Agora apenas traballamos artigos procedentes deste país asiático.

Que zona cubren?
Comezamos en Lugo e temos páxina web con envío nacianal. Buscamos centrarnos máis no norte de España, pois é donde menos compecian ten o sector Low Cost.

Cales son as últimas novidades do sector?
Temos novidades cada 15 días, non hai un negocio ao que nos pechemos. Se o traemos máis barato metémolo. Agora vamos incluír tamén produtos de ferretería. É un sector no que hai cousas novas de seguido, polo tanto coñezo o que teño agora pero non sei o que vou ter dentro dun mes.

Que proxectos ten de cara ao futuro?Que obxectivos se marca?
O obxectivo principal é o de ir abrindo dúas tendas anuais durante cinco anos. Comezaremos polo norte de España. Para os meses de febreiro-marzo contamos abrir unha tenda en Coruña. Somos maioristas e vendemos a tendas polo que coñecemos cales son os nichos de mercado máis fortes.