Skip to main content
Lugo

A 30 edición da ‘Operación Quilo’ e da ‘Operación Xoguete’ chega ao seu fin

Por 4 Xaneiro, 2022Xaneiro 5th, 2022Sin comentarios

Hoxe clausúrase a “Operación Quilo” e “Operación Xoguete” que organiza a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa de Lugo.

Esta entrega de alimentos, roupa e xoguetes ten unha antigüidade de 3 décadas. As familias máis vulnerables reciben bens de primeira necesidade grazas á solidariedade conxunta da sociedade lucense, e en particular, do barrio da Milagrosa, onde centramos ambas as campañas.

O pasado día 28 de decembro a Asociación procedeu á entrega de máis de 300 caixas de alimentos, cada unha delas de ao redor de 14 Kg e roupa para as familias que así o requiriron, dentro da ‘Operación Quilo’.

Hoxe, martes 4 de xaneiro, procederase a facer o propio, dentro da ‘Operación Xoguete’, coas familias necesitadas que así o demandaron para os seus fillos.

Nesta campaña tamén tivo unha gran implicación a Confederación de Empresarios de Lugo (CL) que se encargou de facer un chamamento ás empresas para que realizasen donativos, así como o Colexio Galén, cuxo fomento da solidariedade entre os seus alumnos viuse patente na entrega tanto de roupa e alimentos como de xoguetes.

A este respecto cabe destacar tamén a colaboración dos supermercados da cidade, Gadis de Avenida da Coruña e Rúa Ourense e Eroski de Camiño Real e Rúa Milagrosa, que facilitaron que os usuarios depositasen alí os seus donativos de alimentos.