Skip to main content
Lugo

A biblioteca do HULA recibiu un lote de libros infantís

Por 4 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O tenente alcalde, Rubén Arroxom e a concelleira de cultura, turismo e promoción da lingua, Maite Ferreiro, fixeron entrega oficial dun lote de libros infantís á biblioteca do HULA. Rubén Arroxo: “os libros fan pasar o mellor posible uns días de hospitalización, as administracións deberíamos aprender destes pequenos detalles e deixar a un lado as diverxencias políticas”. “Sen dúbida que será un bon agasallo de reises para todas as crianzas que se vexan obrigadas a pasar o Nadal ingresadas neste hospital e para todas as que veñan no futuro”.

Os libros, que estarán recollidos na propia biblioteca do HULA, serán repartidos para pacientes de distintas áreas do hospital segundo as necesidades dos diferentes servizos, e sempre, adaptándose á realidade de pacientes que reciban os mesmos. O servizo de humanización do HULA estará en contacto co departamento de cultura do Concello de Lugo para colaborar en calquera cousa que mellore a vida das persoas que permanezan ingresadas no centro hospitalario.

No acto de entrega, que se fixo no hall do propio hospital, tamén estiveron presentes o director de procesos con ingreso da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (Eoxi) de Lugo, Cervo y Monforte, Fernando Fernández Lamelo, e unha das responsables de humanización do edificio, Gloria Enrriquez. Esta entrega enmarcase nunha campaña de reparto entre diferentes asociacións e colectivos que, pola súa ubicación, teñen un dificil acceso ás bibliotecas públicas. Tal e como quedou patente, por ámbas partes, a colaboración entre o goberno local de Lugo e a xerencia do HULA segue a ser estreita en todos aqueles asuntos nos que a colaboración sexa precisa.