Skip to main content
Lugo

Os Reis Magos xa están a recibir aos nenos e nenas de Lugo

Por 5 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Os Reis Magos chegaron esta mañá á carpa habilitada pola área de cultura nas instalacións do Auditorio Municipal Gustavo Freire. Melchor aproveitou a cita para mandar unha mensaxe de ánimo e tranquilidade aos nenos e nenas de Lugo “É unha mágoa que non poidamos vernos de preto para que nos lembredes ao oído o que nos pedistes, pero non vos preocupedes porque recibimos todas as vosas cartas e este ano tivemos especial coidado cando preparamos os agasallos. Vimos cargados de sorpresas”

As Maxestades de Oriente estarán recibindo aos nenos e nenas de Lugo que se acheguen a Frigsa até as 14.00 horas. Pola tarde, entre as 17.30 e as 19.30 horas, os Magos volverán estar dispoñibles para atender a todas as nenas e nenos de Lugo.

Para amenizar a espera haberá diferentes espectáculos de gran calidade internacional. Entre os espectáculos escollidos, destacan La Parada Amorosa, de Remue Menage ou Chamôh, de Paris Benares, ambos chegados desde Francia. Ademais, cóntase coa animación a cargo da compañía galega Culturactiva, que achegará cisnes, cebras, bonecos e unicornios, ou o Rancho de Reis Xeitoso de Reviravolta.

Un ano máis, a cabalgata está a ser estática co fin de evitar aglomeracións e poder colaborar así no freo de contaxios da Covid 19.