Skip to main content
Lugo

Lugo contará con dez novas marquesiñas

Por 7 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Lugo licita a compra de dez novas marquesiñas para a súa colocación en distintas zonas da cidade, atendendo así os reclamos dos lucenses.

O concelleiro de infraestruturas urbanas Alexandre Penas anunciou que o Concello ven de iniciar o procedemento de compra destes elementos que terán un custe de 67.760 euros, podendo as empresas presentar as súas propostas ata o día 20 de xaneiro.

Estas novas estruturas colocaranse nas paradas de Rúa Armórica, Estrada vella de Santiago (onde o balneario), Avenida da Coruña 344 e 394, Obras Públicas, Ronda da Muralla 118, Rúa San Roque, Avenida de Magoi 23 e 69 e Avenida Carvalho Calero 18.

Con esta actuación estase a completar a comodidade dos veciños para acceder ao autobús. A colocación das marquesiñas súmase á ultima iniciativa levada a cabo polo Concello, no mes de setembro, coa instalación das plataformas que facilitan o acceso ao autobús ás persoas con problemas de mobilidade.