Skip to main content
Lugo

O Xuvenlugo chega ao seu fin esta fin de semana

Por 8 Xaneiro, 2022Xaneiro 9th, 2022Sin comentarios

O Xuvenlugo pechará as súas portas este domingo día 9 de decembro, este será o último día no que se poderá acudir para desfrutar dos seus xogos e actividades. O Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo acolle as atraccións, inchables, xogos e diferentes actividades de animación e deportivas para brindar aos máis pequenos un espazo de ocio.

XuvenLugo ofrece a nenas e nenos alternativas para desfrutar do tempo de lecer e manter o contacto comunitario, o intercambio de experiencias e a diversión compartida durante as primeiras datas festivas de decembro e de cara ao Nadal.

O aforo está limitado a mil persoas -mil persoas nun espazo de 7000 metros cadrados- , unha capacidade inferior á permitida pola normativa para a total tranquilidade das persoas que acudan.

Durante estes dous días de xaneiro que quedan de actividades, terán un horario de tarde, de 16:30 a 16:30 a 20:30 horas. Non será preciso adquirir as entradas con anterioridade, agás os grupos programados.

O prezo da entrada será de 6 euros, con descontos para concellos e asociacións, ou no caso de adquirirse bonos.

A 23 edición de Xuvenlugo ocupa os dous pavillóns e o corredor que os une, dentro das instalacións do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. É un gran espazo cheo de atraccións, inchables, xogos, animacións e deportes para ter unha tarde en familia moi divertida. Establécense diversas áreas destacando a presenza dun espazo infantil (ludoteca), zona de xogos recreativos, circuíto interior de minigolf, pista de slot, inchables de grande formato, atracción, rocódromo, e a novidade dun escape room.

Actividades

Espazo infantil (ludoteca): Zona pensada para nenos e nenas de cero a sete anos. Pretende ser un espazo que oferte actividades adaptadas para esas idades onde poidan estar con total seguridade e pasándoo en grande. Este espazo estará xestionado por monitores debidamente experimentados e cualificados. O espazo, ubicado no túnel de conexión entre pavillóns do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, terá unha zona para nenos de 0 a 3 anos e outra con nenos de 4 a 6 anos, xa que pensamos que un par de anos nestas idades nótase moito. Estos espazos non estarán divididos fisicamente xa que moitos dos nenos veñen cos seus irmáns e non queremos que pensen que están en espazos diferentes:
A primeira área destinada aos nenos de 0 a 3 anos estará dotada dun chan de Paviplay delimitado que ailla do pavimento facilitando que os nenos e nenas poidan estar sentados no chan, gatear e xogar con comodidade, protexéndoos ante caídas ou golpes. Neste espazo haberá xogos e xoguetes variados: de percepción sensorial, de manipulación, de coordinación de movementos, xogos de psicomotricidade, pezas de construción xigantes, tobogán, quebracabezas, cubos de figuras, correpasillos, casiña de xogos, etc. Ademáis neste espazo presentamos a Mario Bross, un inchable especial para nenos de 0 a 3 anos (medidas: 5m longo x 4,2 m ancho x 2.3 m alto), que se converte no lugar ideal para iniciar aos máis pequenos en actividades motrices de equilibrio ou salto.
A segunda área da Ludoteca, para nenos de 4 a 6 anos, conta cun inchable chamado Bombeiros, especial para nenos xa que é moi compacto e protexido (medidas: 6 m longo x 5 m ancho x 2,7 m alto).
Espazo de animación dentro da Ludoteca . Continuando o percorrido de actividades no túnel, temos un abano de posibilidades de xogo e diversión: En primeiro lugar, un espazo de talleres. Este espazo, dotarase de materiais para a realización de diferentes talleres, organizados en días rotatorios, tales como: globoflexia, pintacaras, reciclaxe e gran novidade de baile. Tamén habilitaremos unha zona de xogos xigantes: un twistter, un tres en raia, o xogo da ra, paracaídas, aros e xogos tradicionais. Xunto con todas estas actividades nos momentos onde temos un maior número de nenos teremos a visita de Mickey e Minnie, Minion e de Chase da patrulla Canina para que os nenos poidan saudar, sacarse fotos e ata xugar na ludoteca con eles facendo que a visita sexa inesquecible.

Zona de xogos recreativas: Nesta zona os mozos/as converteranse en verdadeiras estrelas dos videoxogos. Unha zona preparada cunha gran pantalla cos videoxogos máis populares.

Circuito interior de Minigolf: Un clásico dentro de Xuvenlugo. Con diversas estacións rotatorias que permiten albergar gran cantidade de participantes e que son a mellor forma de iniciarse neste deporte. Trátase dunha actividade para todos os públicos, non hai que ser un experto, só hai que gozar desta actividade cun percorrido de varios foxos e coas variacións que inclúen cada un deles: subidas, baixadas, curvas…

Pista de Slot: Os visitantes de Xuvenlugo poderán gozar de pistas de Slot, hobby que atrae tanto o público infantil como ao adulto. O circuíto permite que xoguen 4 persoas a mesmo tempo, deste xeito, convértese nunha actividade a desfrutar para toda a familia.

Inchables de gran formato: Ademais dos inchables da zona infantil, este ano contaremos con tres inchables de gran tamaño con innumerables posibilidades de xogo.
Inchable multideporte: Este inchable de grandes dimensións soprenderá aos usuarios e conseguiran que gocen ao máximo a experiencia competindo entre eles. Pódese utilizar para fútbol ou
voleibol.
Pista multiaventura: A pista multiaventura é o mellor inchable para superar obstáculos xa que consta de dúas zonas diferenciadas. Na primeira aparecen uns buracos ao entrar e a continuación atopamos uns pilares verticais e dous tubos horizontais que os usuarios deben superar.
Ao chegar a segunda zona, hai unha rampa de 3,5 m que os nenos teñen que escalar coa axuda dos ladrillos e ao chegar ao cumio deslízanse por un gran tobogán terminando o percorrido. Este inchable é moi dinámico e movido xa que os nenos non paran de superar obstáculos entrando e saíndo do inchable.
Inchable Harlem Globettroters: Un inchable novo no que os nenos se sentirán estrelas do baloncesto facendo mates espectaculares nas canastas desta atracción.

Escape Room: Este ano ofrecemos a novidade de dous salas de escape de temáticas diferentes. Estes xogos consisten en que os participantes que entren nestas salas, teñen que atopar a saída resolvendo unha serie de enigmas e probas nun tempo determinado. Poderán participar grupos de 2 a 5 persoas dende os 5 anos de idade.

Atraccións: Un ano máis, ofrecemos un espacio con numerosas atraccions de feira para todas as idades. Estarán funcionando continuamente toda a tarde para que poidas gozar dunha experiencia de Xuvenlugo completa. Unha ampla variedade de atraccións que recrean o ambiente das festas das cidades e pobos. A gran diferencia é que aquel que compre a súa entrada para Xuvenlugo adquirirá o dereito a subir tantas veces como queira a estas atraccións.

Rocódromo: É a instalación ”indoor” máis importante no panorama nacional que permite desenvolver actividades de montaña nun espazo controlado para satisfacer a demanda de ocio familiar, deporte base, alta competición e formación profesional. É unha actividade para maiores de 4 anos.